Atrapamiradas
Mentres os adultos vivimos enganchados aos dispositivos móbiles, estamos perdendo “cousas marabillosas”. Pero alguén descubriu como recuperar a comunicación verdadeira!
		«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable ás “cousas máis marabillosas” que se poden apreciar, non a través dunha pantalla, senón da retina. A protagonista desta historia de Marina Núñez e Avi Ofer, finalista do XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, decide tomar a iniciativa para invertir esa tendencia: que a comunicación interpersoal volva estar no centro da vida cotiá. 
Vera atopará axuda nalguén moi especial que non sucumbiu aos encantos dixitais e que, por riba de todo, dedica o seu tempo ao que é verdadeiramente importante.
A axilidade e a frescura do texto están en consonancia cunhas ilustraciones dinámicas, de trazos áxiles e bosquexados, que se sitúan en escenarios tanto urbanos como domésticos. Suavemente coloreadas, sinxelas e cunha acentuada expresividade das emocións, xogan tamén cos elementos simbólicos e cos acenos humorísticos.
	
Otros idiomas:
                            Colección: Obras de autor/a
                                        Edad recomendada: A partir de 3 años   
                                        Páginas: 40
                                        Tamaño: 22 x 22
                                        ISBN: 978-84-1343-008-9
                    
                                         Premios : FINALISTA DO XII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA