Aquiles o puntiño
Ao principio, no medio dunha folla en branco sen debuxos nin marcas, había un puntiño. Era claro, case transparente. O sol atravesábao coma un espello de auga. Pouco a pouco foise coloreando... E medrou.
Un dos temas que máis curiosidade suscita entre os lectores é a orixe das cousas. A eterna pregunta do “por que” está na boca de todos os nenos e as nenas; acompáñaos ata a madurez. Aquiles representa á perfección ese papel inquedo que o leva a transformarse continuamente: faise crecer os ollos, a boca, o nariz, as orellas, os brazos e as pernas; todos coa función de ir máis aló, experimentar novas vivencias, medrar como ser vivo. Non importa tanto a clase de criatura que é Aquiles; a proposta plástica realizada por Marc Taeger non permite precisalo. Pero o texto e as imaxes deixan perfectamente claro dende as primeiras páxinas que Aquiles posúe unha gran personalidade, con moita iniciativa e sensibilidade.
Contemplar o que o rodea, explorar a contorna, gozar dos pequenos detalles da vida, experimentar sensacións como a felicidade e enriquecerse día a día con emocións e sentimentos, son algunhas cousas que nos invita a compartir Aquiles. Marc Taeger traballou con diferentes tipos de papel que previamente pintara e logo recortara, dándolles forma para facer composicións coa técnica do collage.
16,50 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- Álbum ilustrado
- Edad recomendada
- A partir de 3 años
- Páginas
- 40
- Tamaño
- 22 x 28
- ISBN
- 978-84-8464-568-9
Muestras
Muestra


