Antoni Gaudí
Unha pequena biografía ilustrada sobre a vida e a obra do grande arquitecto modernista, que tivo na natureza a súa maior fonte de inspiración.
Dàlia Adillon leva a vida e a obra do arquitecto modernista Antoni Gaudí (Reus, 1852 - Barcelona, 1926) ás páxinas dun álbum ilustrado para achegar os máis pequenos -dun xeito pedagóxico- ao mundo da cultura, da arte e da arquitectura. A súa casa natal e o seu ámbito familiar, a súa traxectoria persoal e o seu legado profesional, ata o percance que lle causou a morte -tratado sutilmente- son os episodios narrados nesta obra, cun texto breve e sinxelo. Destaca o protagonismo da natureza, que tanto marcou o estilo orgánico, xeométrico e voluminoso de Gaudí no deseño do Parque Güell, da Pedrera, da Casa Batlló ou da Sagrada Familia, representados neste libro.
“A orixinalidade consiste en volver á orixe”, dicía Gaudí, que buscaba a inspiración na natureza. Este álbum, que reivindica a importancia do medio natural, fíxase na súa capacidade de observación e preséntao como un naturalista, un arquitecto-xardineiro que contribuíu a facer de Barcelona unha urbe máis verde e alegre.
Este libro permite apreciar o traballo de documentación previo e invita os lectores a percorrer -física ou virtualmente, como unha guía turística- as rúas e prazas da Cidade Condal seguindo o plano das gardas, onde Dàlia Adillon marca a ubicación das principais construcións creadas por Gaudí.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-926-7
Premios : Finalista do VII Premio Internacional Compostela de Álbúm Ilustrado