Animais (Formato grande)
Criaturas grandes e pequenas convídannos a gozar do xogo, da rima e do ritmo neste pictograma poético, agora nun formato grande, ideal para lecturas compartidas.
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo que designa unha modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a «educar o ollo e adozar o oído» dos pequenos lectores, en palabras do poeta Antonio Rubio. Esta edición de gran formato que mide 24x24 cm -«Lúa» e «Animais» son os primeiros títulos dispoñibles- é ideal para o seu manexo por parte de mediadores e docentes, mentres que a edición convencional de 16x16 cm está dirixida ao público infantil. A obra do ilustrador Óscar Villán é totalmente artesanal, a base de pinceladas e tonalidades de color que permiten apreciar as texturas. A imaxe resalta sobre un fondo claro; o debuxo é sinxelo e recoñecible, co toque persoal do artista. Ante a menor importancia da grafía, as ilustracións adquiren toda a forza comunicativa: son facilmente lexibles, articúlanse de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Dispóñense ao xeito dos versos, ordenadas, medidas, con ritmo e rima final; imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende idade temperá.
Cada título da serie Do berce á lúa é un poema completo, «un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical». Así, as nenas e os nenos aprenden que se le de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.
Cada título da serie Do berce á lúa é un poema completo, «un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical». Así, as nenas e os nenos aprenden que se le de esquerda a dereita, de arriba a abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.
Otros idiomas:
Colección: De la cuna a la luna
Edad recomendada: A partir de 0 años
Páginas: 16
Tamaño: 24 x 24
ISBN: 978-84-1343-316-5