Animais fantásticos
Un percorrido polas iconas da mitoloxía e das crenzas populares, dende o Centauro ao Lobishome, pasando polo Unicornio ou a Esfinxe, entre outros. Soños e medos que perduran a través dos séculos.
Hai animais verdadeiros e outros fantásticos, marabillosos, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poético das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, alimentando a sede de fantasía de nenos e adultos ao longo dos séculos. Nesta galería literaria e visual, José Jorge Letria e André Letria -pai e fillo- representan 19 criaturas máxicas unindo os seus talentos nun libro que reúne beleza retórica e estética, e logrando unha obra para todas as idades.
Trazamos con esta fauna singular unha proveitosa viaxe a través da memoria dos tempos e da historia dos pobos, que lograron concentrar esperanzas, soños e medos en animais creados pola imaxinación colectiva. Como o Ave Fénix –un dos seres representados no libro- conseguiron renacer das súas cinzas, superando o esquecemento ao que estaban condenados pola humanidade.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 48
Tamaño: 24 x 24
ISBN: 978-84-1343-321-9