Álex ten vergoña

Un álbum cheo de tenrura e humor que convida os máis pequenos a superar a timidez e a compartir xogos e afectos.

Fronte a quen ten un carácter extrovertido, hai outras persoas con menos habilidades sociais ás que lles custa expresar os seus sentimentos e precisan máis tempo para integrarse. Natalia Shaloshvili segue explorando as emocións e as necesidades afectivas da infancia con «Álex ten vergoña»: a protagonista non quere xogar con ninguén máis que a súa nai e, cando van á casa de Leo, este recíbea pletórico de enerxía e proponlle divertirse xuntos imaxinando que desempeñan distintos oficios. A fantasía de Álex dispárase, pero a súa timidez impídelle gozar do xogo, buscando a protección da súa figura de apego, que lle ofrece apoio.

Tras varios intentos de trebellar, os dous senten tristura e frustración: Álex é tan introvertida que non consegue demostrarlle a súa amizade; e Leo porque non logra a súa complicidade. Nada como sinceirarse mutuamente para que a pequena loba se sinta comprendida e o ratiño gañe a súa confianza para comezar a compartir moi bos momentos.

A expresividade destes animais humanizados é unha das claves deste relato tenro, entrañable e con pinceladas de humor, como converter un utensilio de cociña nun casco de astronauta. Tamén destaca a importancia do xogo simbólico para o desenvolvemento cognitivo, emocional e social dos máis pequenos. A nivel narrativo combina diálogos breves con pasaxes que amosan o trepidante mundo interior do personaxe principal. Igualmente, as ilustracións reflicten esa dualidade entre o plano real e o imaxinario, cunha proposta estética a base de trazos indefinidos e manchas de cor que caracterizan o estilo da autora, tan próximo á infancia.

Leer más
Leer menos
16,00 €

Más información sobre el libro

Edad recomendada
A partir de 3 años
Páginas
32
Tamaño
25,5 x 26,5
ISBN
978-84-1343-409-4

Muestras