Aletas e burbullas

Un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé, ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida mariña.

Está elaborado con tea de alta calidade, suave e agradable ao tacto, con costuras e bos remates. O seu tamaño é practico e manexable para as manciñas dos bebés, que na primeira páxina atopan xa unha textura sonora que invita a observar, pescudar e xogar no interior, esponxoso, dúctil e nada ríxido para favorecer a exploración, tamén coa boca. Por iso trátase dun material non tóxico e lavable que, ademais, é resistente ás rozadas, ás rachaduras e, por tanto, resulta seguro e duradeiro.

A partir dun polbo, «Aletas e burbullas» mergúllanos no mar entre peixes, cetáceos e outras criaturas vertebradas e invertebradas. O seu xeito de desprazarse neste medio acuático e a súa peculiar fisionomía contribúen a motivar a atención dos bebés.

Precisamente, son figuras trazadas con perfís grosos de cor negra sobre fondos neutros para facilitar a identificación visual. Predomina unha gama cromàtica equilibrada: uns sinxelos elementos vexetais permiten contextualizar cada espazo. Cos nomes dos animais impresos en letras maiúsculas, estes libros tamén axudan a iniciar o hábito da lectura e fixan a adquisición de vocabulario básico.

Cun xeitoso contedor de cartón, «Aletas e burbullas» marca a diferenza cunha proposta orixinal, lúdica e versátil, que xoga coa expresividade das ilustracións e potencia a estimulación sensorial e a psicomotricidade fina dos cativos.

Leer más
Leer menos
15,00 €

Más información sobre el libro

Colección
Libros de tela
Edad recomendada
A partir de 0 años
Páginas
8
Tamaño
13 x 13
ISBN
978-84-1343-424-7