O mundo do mar, cos mariñeiros e as mulleres dos mariñeiros como protagonistas, co peirao e os barcos pesqueiros como escenario dun estilo de vida marcado polo sacrificio e a supervivencia, centra o novo poemario de Míriam Ferradáns, titulado «Peixes de luz» e publicado por KALANDRAKA. Trátase do 25º volume da colección Tambo; o seu coordinador, Luís Rei Núñez, acompañará a autora na presentación do libro en Bueu, este domingo 18 de outubro a partir das 12:00 horas na sala multiusos do Centro Social do Mar. O encontro, co apoio da libraría Miranda, tamén contará coa participación do escritor Ismael Ramos.
Precisamente, son textos que transitan dende a toponimia marítima de Bueu —vila natal da poeta— ata o sur de Irlanda, pasando pola costa canadense de Terranova. Concibido como un poema extenso, fragmentario e coral, combina composicións longas nas que reloce o lirismo do cotiá, con breves reflexións de fonda beleza. Unha madurez literaria que se plasma nunha linguaxe atenta ao ritmo, á imaxe e ao silencio, empapando a lectura cunha esmerada dimensión metafórica. O resultado é unha homenaxe poética —“un xeito propio de mirar o mar, a perda e a esperanza”, como apunta a propia autora no colofón do libro— que conmove e emociona.
«Peixes de luz» acaba de chegar ás librarías, case dez anos despois do seu último poemario, «Nomes de fume» (2017), distinguido co Premio Nacional de Poesía Xose María Pérez Parallé. A súa bibliografía complétase con «Deshabitar unha casa» (2017), polo que recibiu o Premio de Poesía Francisco Añón, e «Agosto» (2019); unha obra literaria que foi traducida ao castelán, catalán, portugués, alemán, inglés, italiano e finés. Ademais de poeta, Míriam Ferradáns tamén é articulista, colaborando habitualmente con Nós Diario. Nestoutra faceta obtivo o Premio Manuel Lueiro Rey (2023) e o Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego (2021).
Consentimiento
Detalles
Acerca de
Este sitio web utiliza cookies
Utilizamos cookies para personalizar el contenido y los anuncios, proporcionar funciones de redes sociales y analizar nuestro tráfico. También compartimos información sobre su uso de nuestro sitio con nuestros socios de redes sociales, publicidad y análisis, quienes pueden combinarla con otra información que les haya proporcionado o que hayan recopilado a partir del uso de sus servicios.
Necesarias
Preferencias
Estadísticas
Marketing
Necesarias
Las cookies necesarias ayudan a que un sitio web sea utilizable al permitir funciones básicas como la navegación por la página y el acceso a áreas seguras del sitio web. El sitio web no puede funcionar correctamente sin estas cookies.
Preferencias
Las cookies de preferencias permiten que un sitio web recuerde información que cambia la forma en que se comporta o se ve el sitio web, como su idioma preferido o la región en la que se encuentra.
Estadísticas
Las cookies estadísticas ayudan a los propietarios de sitios web a comprender cómo los visitantes interactúan con los sitios web recopilando y proporcionando información de forma anónima.
Marketing
Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes en los sitios web. La intención es mostrar anuncios que sean relevantes y atractivos para el usuario individual y, por lo tanto, más valiosos para los editores y anunciantes externos.
Las cookies son pequeños archivos de texto que los sitios web pueden utilizar para hacer que la experiencia del usuario sea más eficiente.
La ley establece que podemos almacenar cookies en su dispositivo si son estrictamente necesarias para el funcionamiento de este sitio. Para todos los demás tipos de cookies necesitamos su permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algunas cookies son colocadas por servicios de terceros que aparecen en nuestras páginas.
En cualquier momento puede cambiar o retirar su consentimiento de la Declaración de cookies en nuestro sitio web.
Obtenga más información sobre quiénes somos, cómo puede contactarnos y cómo procesamos los datos personales en nuestra Política de Privacidad.