A viaxe do bisavó
Viaxando a través do tempo, polos camiños do mar e do destino, somos partícipes dunha fermosa historia sobre a emigración, a mestizaxe, a multiculturalidade e os lazos de unión con Latinoamérica.
Historia tenra e poética, mesmo cunha chiscadela de romanticismo, na que Marta Farias nos fala dunha viaxe que, en realidade, son varias: unha viaxe frustrada, unha viaxe realizada e, no fondo, unha viaxe polas raíces da xenealoxía dunha familia. O avó da protagonista sempre soñara con cruzar o mar para coñecer os lugares e a xente que vivía ao outro lado. Nunca se presentaba a ocasión para emprender a ansiada aventura: os caprichos do vento, un temporal pasaxeiro e outros inconvintes adiaban a viaxe. O máis importante deses aprazamentos foi o nacemento da súa filla. Co paso do tempo deixou de sentirse un mozo intrépido para afrontar a travesía...
O océano xoga un papel moi destacado nesta obra, como eixe sobre o que xira a vida dos membros desta familia: para uns como fronteira e ilusión, para outros como herdanza emocional e ponte cara a novas oportunidades...
Cruzar o “charco” dá pé logo a sentimentos como a saudade e a morriña do fogar e dos seres queridos. O vento que lle traía ao bisavó os arrecendos e as cores do que había ao outro lado do horizonte, era tamén o que co tempo lle levaría á súa neta os ecos do seu país de orixe.
Unha historia sobre a mestizaxe, as lembranzas, as ilusións e os soños, cumpridos e incumpridos. Unha viaxe de ida… e volta.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 40
Tamaño: 26,5 x 21
ISBN: 978-84-8464-665-5
Premios : FINALISTA PREMIO LLIBRETER 2008
SELECCIÓN OS MELLORES (Banco do Libro de Venezuela) 2010
Selección MINISTERIO DE EDUCACIÓN (Argentina) 2015