A raíña de Turnedó
Aplaudan, exclamen, animen, berren... Neste poema escénico a participación do público é fundamental para acompañar os excéntricos personaxes desta divertida corte real. A sonoridade, a rima e a estrutura acumulativa do relato son as claves para prender na lectura e na representación da obra.
“A raíña de Turnedó” é un poema escénico que se apoia nos recursos da literatura oral popular para contar unha divertida historia de estrutura acumulativa e formato lírico, que destaca tanto pola sonoridade como polo remarcado carácter do ritmo e da rima. Así, no xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a princesa que garda a vaíña do mato e, sucesivamente, toda unha serie de excéntricos personaxes e elementos singulares que se van encadeando, conformando un intenso relato épico que, ademais, bebe das fontes do teatro culto: a fórmula do retrouso favorece a interacción, a participación do público infantil na lectura ou mesmo na representación da obra, do mesmo xeito que a fórmula acumulativa facilita a memorización dos textos.
“A raíña de Turnedó” anima os lectores a intervir no xogo lingüístico a través de estraños binomios de palabras e dunha dobre linguaxe que remite a un proceso creativo dominado pola imaxinación, a liberdade e a ausencia de prexuízos, cun ánimo lúdico.
As ilustracións abstractas de Pablo Otero destacan pola súa forza expresiva, con tipografías, figuras e protagonistas de sorprendente apariencia.
15,00 €
Otros idiomas
Más información sobre el libro
- Colección
- 7 Leguas
- Edad recomendada
- A partir de 6 años
- Páginas
- 64
- Tamaño
- 15 x 23,5
- ISBN
- 978-84-8464-881-9