A que sabe a lua? XL
Uma edição cartonada de grande dimensão deste clássico contemporâneo, agora em português, ideal para contar e partilhar.
«A que sabe a lúa?» é unha das obras máis emblemáticas do catálogo dos Libros para soñar. Dende a súa publicación en 1999, máis de 500.000 exemplares teñen viaxado a fogares, escolas ou bibliotecas nas distintas linguas nas que está editado. 25 anos despois, este clásico imprescindible de Michael Grejniec volve cun novo formato acartonado e a un tamaño moi superior, ideal para compartilo en público como un recurso especialmente recomendado para docentes, profesionais de bibliotecas, mediación lectora…
Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: “Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela”, díxolle ao elefante. Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inalcanzables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación. Unha axuda mutua da que son partícipes animais moi variados: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león, o raposo... Ata que, finalmente, o máis pequeno de todos... A medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrece unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos. Cunha chisca de humor; o que achega unha lúa sorrinte, burlona e algo saltadora.

Otros idiomas:
Colección: Acartonados
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 28
Tamaño: 28 x 42
ISBN: 978-989-749-188-7