A nai sombra
Relato poético no que humanos, peixes e outros seres fantásticos se superpoñen e fusionan sen límites. O efecto é exquisito, tráxico e esperanzador, coa promesa de novos comezos.
Namorado dunha misteriosa moza que coñecera onda o mar, o protagonista desta adaptación de varias lendas da cultura selkie-vencellada a criaturas mitolóxicas acuáticas con raigame en Irlanda, Escocia, Islandia e as illas Feroe- toma a súa sombra para evitar que esta o abandone. Pasado o tempo, o fillo de ambos descubrirá un antigo cofre que lle pertencera ao seu pai na súa época de navegante; o tesouro que contén determinará o seu futuro. O amor e a nostalxia están presentes neste texto de palabras engaiolantes directas; unha historia soñadora, de sabor agridoce pero de intensa beleza. Humanos, peixes e outros seres fantásticos superpóñense e fusiónanse sen límites nunhas ilustracións hipnóticas e de sobrio colorido, de rotunda expresividade e atmosfera portentosa.
O resultado de combinar a obra de Seán Virgo e de Javier Serrano é exquisito. «A nai sombra» é un libro poético, tráxico e esperanzador, que ofrece a promesa de novos comezos.
O resultado de combinar a obra de Seán Virgo e de Javier Serrano é exquisito. «A nai sombra» é un libro poético, tráxico e esperanzador, que ofrece a promesa de novos comezos.
Otros idiomas:
Colección: Kalandraka +
Edad recomendada: A partir de 16 años
Páginas: 64
Tamaño: 16 x 24
ISBN: 978-84-1343-100-0
Libros relacionados
Comprueba los artículos para añadir a la cesta o