A casa grande de Romarigães
A crónica dunha saga familiar. Un fascinante espello da historia moderna de Portugal, considerada como unha das principais obras da literatura portuguesa do século xx. Ilustración de cuberta de SUSA MONTERO
Escrita en 1957 por Aquilino Ribeiro, un dos autores máis destacados en lingua portuguesa do século XX, “A casa grande de Romarigães” é a crónica dunha saga familiar e, asemade, un fiel relato da historia moderna de Portugal. Esta novela, cuxa trama se constrúe a partir do achado dun conxunto de manuscritos durante o proceso de restauración da casa señorial dos Meneses e Montenegro, narra a historia das sucesivas xeracións que habitaron a vivenda dende a súa construción a mediados do século XVII até o seu abandono no século XIX. Durante este turbulento período, marcado polos recorrentes conflitos bélicos, tivo lugar unha serie de acontecementos tan determinantes como a guerra da Independencia, a invasión francesa ou a guerra civil portuguesa.
A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e refinado que mestura con exuberancia a linguaxe erudita e a popular, desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres que, ao longo de case trescentos anos, acumulan relacións prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns ou mortes estrañas.
Considerada como unha das principais obras da literatura portuguesa do século pasado e unha das novelas históricas máis notables da europea, “A casa grande de Romarigães” reproduce con fidelidade a confrontación entre a servidume da vida rural baixo a hexemonía do clero e a nobreza.

Otros idiomas:
Colección: Confluências
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 360
Tamaño: 15,5 x 22,5
ISBN: 978-84-19213-05-1