A araña e mais eu

Ollos de cereixa, pel de pexego, nariz de amorodo... Misteriosa viaxe para unha araña exploradora. Un achegamento visual e poético pola xeografía do corpo humano.

Un álbum de gran beleza artística e literaria, ideal para todos os públicos, dende os primeiros lectores ata os adultos, pola delicadeza coa que as palabras percorren a xeografía do corpo humano na figura dunha nena, comparando cada parte cunha froita, a través da súa forma, tamaño e textura. O recurso da araña, considerado socialmente como un animal pouco agraciado, proporciona un sutil contraste e mesmo un certo toque de humor, facendo partícipes os lectores das sensacións que percibe a protagonista do relato ante o itinerario que realiza o insecto. Esta obra ofrece un achegamento visual e poético ao corpo humano.
Leer más
Leer menos
14,00 €