28 historias para rir

Unha colección de ocorrencias baseadas no «nonsense» que debuxarán sorrisos e farán brotar gargalladas de xúbilo.

Un rato rodeado de exquisitos manxares e que, indeciso ante a abundancia, queda sen probar ningún; dous touros presumidos que aburren as vacas; un home con tanta présa que xa non sabe onde vai… e así ata “28 historias para rir”. Ursula Wölfel reuniu neste volume un brillante conxunto de relatos humorísticos baseados no nonsense, con certa carga surrealista pero invitando a reflexionar sobre a súa lóxica interna. Por moi inverosímil e disparatada que soe cada aventura, o público acaba sendo solidario e comprensivo cos estraños comportamentos dos personaxes. Este libro forma parte da divertida serie de microcontos inaugurada con “27 historias para tomar a sopa” e completada con “29 historias disparatadas”. Trátase dun xénero que atrae a atención do público infantil, especialmente ao contar cun apoio visual tan atractivo e vistoso como o que propón João Vaz de Carvalho, con ilustracións nas que o deseño e a cor xogan un papel tan importante, que enriquecen o texto. Cada historia contén brillantes raiolas de enxeño: alimentan a imaxinación e transportan a un mundo onde todo é posible.
Leer más
Leer menos
15,00 €

Más información sobre el libro

Colección
7 Leguas
Edad recomendada
A partir de 8 años
Páginas
72
Tamaño
15 x 23,5
ISBN
978-84-8464-496-5